martes, 25 de decembro de 2018

IMAXES DO FESTIVAL DE NADAL

Estamos ledos de ter compartido cos pais, nais, avoas e avós este magnífico festival.
Se premedes na imaxe adxunta podedes descargar as imaxes deste marabilloso día.
Bo Nadal!
https://photos.app.goo.gl/8fnq9TcLeusxUuxV8

sábado, 22 de decembro de 2018

FESTIVAL DE NADAL. O PAXE REAL.

Un día para lembrar!
Hoxe tivo lugar na escola o Festival de Nadal. Nenos , nenas, mestras e mestres  nerviosos , con gañas de troula  e poucas horas de sono, nais, pais, avoas e avós emocionados, expectantes sobre o que a escola estivo a preparar.
O primeiro, o carteiro real. Todos os alumnos e alumnas da escola pasaron a entregarlle a carta que con tanta ilusión prepararan. Agora toca esperar a que Os Reis Magos, Papá Noel ou o Apalpador cumpran todos os seus desexos.
PREME PARA VER AS IMAXES

xoves, 20 de decembro de 2018

UN AGASALLO DE NADAL

Como é tradicional na escola, o alumnado nos agasalla cun fermoso calendario. Esperamos que sexa do voso agrado.
BO NADAL! 

martes, 18 de decembro de 2018

PROGRAMA DO FESTIVAL DE NADAL

O vindeiro venres 21 celebrarase na escola o tradicional Festival de Nadal. Este día teremos moitas actividades.




POSTAL DE NADAL


 Iria e Dario, Antía e Daira son os catro debuxos seleccionados para confeccionar a nosa felicitación navideña. Xunto ao seu debuxo a fermosa 

 ÁRBORE DA CIENCIA
 
 Unha dobre hélice do ADN que contén toda a información xenética hereditaria que serve para desenvolvernos, vivir e reproducirnos.
Esta dobre cadea de ADN, está composta por catro estruturas máis simples Adenina, Guanina, Citosina e Timina, de ahí as catro cores da nosa árbore.

luns, 10 de decembro de 2018

OS XOGUETES NON TEÑEN SEXO

A Secretaría Xeral da Igualdade e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa teñen a vontade de compartir coas escolas uns posters para que promovamos a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Pedimos que leades con atención os carteis desta campaña de XOGUETES PARA A IGUALDADE, pois...
 OS XOGUETES NON TEÑEN SEXO.








Grazas familias por axudarnos a ensinar en igualdade!

luns, 3 de decembro de 2018

NO NADAL XOGAMOS COAS PALABRAS DE SANTOS

Volve o SEMENTANDO PALABRAS, os xogos do Nadal son os que seguen:


 Collede a papeleta no recibidor da escola e...
Participade!

xoves, 29 de novembro de 2018

NOVOS EXPERIMENTOS COA MOCHILA CIENTÍFICA

Esta semana chegaron os seguintes SCIENCETUBERS:

FAMILIA ANTÍA FIGUEIRAS


FAMILIA XIÁN IGLESIAS 


FAMILIA INES GARAZO


FAMILIA IVÁN GAMALLO

CONCURSO PILABOT

A nosa escola participa no Concurso de recollida de pilas, baterías e cargadores PILABOT.
 Este concurso o  promove a Xunta de Galicia xunto a Ecopilas, ERP e Ecolec.
Pilabot é un robot  creado para cumprir a misión de protexer o medio ambiente e minimizar a contaminación xerada polos  residuos de pilas. 
Hoxe o alumnado levou unha caixa para traela de novo chea de pilas á escola. O importante é participar pero queremos ser o cole que máis recicla! 

luns, 26 de novembro de 2018

SCIENCETUBERS

Próximamente serán publicados aquí os videos de experimentos

BOOKTUBERS

Proximamente publicaranse aquí vídeos recomendando lecturas

25 de santos



Dende a escola sumámonos a tódalas as iniciativas para reivindicar que se tomen medidas que conduzan a eliminar a violencia de xénero dunha vez. Nas aulas o alumando conmemorou esta data realizando distintas tarefas, entre as que se atopa a busca de expresións artísticas ou monumentos dedicados a mulleres e reflexionar sobre o que representan.



venres, 23 de novembro de 2018

A MOCHILA CIENTÍFICA

Tiña razón Picolindo, a nosa mascota, cando dicía que nos iamos converter en científicas e científicos dispost@s a explorar, aprender e divertirnos.
O traballo en familia dá os seus froitos. Nenos e nenas están a enviar vídeos con xogos e actividades relacionados con algún aspecto científico.
Esta mochila que sae da escola os venres e regresa os xoves,  permítenos observar, manipular e facer uso EN FAMILIA de tódolos materiais que leva. Parece que está a gustar.
Imos amosarvos algún dos vídeos que chegaron esta semana á escola.

FAMILIA LETICIA FERNÁNDEZ MARÍA


FAMILIA SARA FIGUEIREDO


FAMILIA IRIA PORTABALES



GRAZAS FAMILIAS!

luns, 19 de novembro de 2018

A CAIXA DE CORREO DE PICOLINDO

Picolindo, a nosa mascota, ten unha nova caixa de correo, gústavos?
 Nela podes meter as papeletas de participación das distintas actividades.

martes, 13 de novembro de 2018

A GRAN FESTA DO MAGOSTO

Un marabilloso día de sol reinou hoxe na festa do Magosto. Rapaces, mestres, pais, nais, avós, avóas,. . gozaron dun día de xogo e diversión.
Os xogos tradicionais, encantáronlle ao noso alumnado.



Unha fermosa castañeira acompañounos na festa.


Se queredes gozar das fotos do día de hoxe, so tedes que premer na imaxe.

https://photos.app.goo.gl/5LgueYf1ywebJAJw6



venres, 2 de novembro de 2018

SEMENTANDO PALABRAS

Por segundo ano consecutivo, a nosa leira de palabras comeza a xermolar. Dende o 1 de outono, aparece unha palabra por día relacionada co tema anual. Chegados a finais de mes, aparecen os xogos de participación en función dos niveis educativos dos nosos alumn@s.
 Este mes, considerouse actividade de aula pero a partir do mes de santos, é unha actividade voluntaria,  que se deposita, unha vez completada, na caixa de correo de Picolindo. A nosa mascota agasallará aos participantes máis espelidos con Pikeuros que se usarán no mercado do libro de ocasión.



 Fermosa actividade!

mércores, 31 de outubro de 2018

MICRORELATOS DE MEDO

Hoxe tocou resolver o misterio. Os microrelatos de medo foron avaliados tendo en conta moitos criterios:
  • A participación do alumnado.
  • A corrección idiomática
  • A duración
  • A entoación
  •  A estructura: introdución, nó e desenlace.
  • Os efectos especiais
  • A data de entrega
Os resultados foron os seguintes:

MODALIDADE VÍDEO:

1º PREMIO: Julia e Lucas Rodríguez Pequeño





2º PREMIO: Breixo Regueira





3º PREMIO: Erea Iglesias




MODALIDADE AUDIO: (PREME NAS IMAXES)

1º PREMIO: IRIA PORTABALES

"Unha noite de chuvia e frio"

https://drive.google.com/file/d/17X_zGDZILDzyOmPZOZiJOEUyx1slSuW5/view?usp=sharing




2º PREMIO: SILVIA SÁNCHEZ









https://drive.google.com/file/d/133ed-JGX0woeGAyG_yN75NjDIkwzvjnW/view?usp=sharing



3º PREMIO: IRENE SÁNCHEZ

 https://drive.google.com/file/d/1fju6S9mlYcJTNu431BK8rLAhhSSQZL4J/view?usp=sharing



CHEGOU O DÍA, CELEBRAMOS O SAMAÍN

Chegou o día máis terrorífico e divertido do outono á escola. 





A nosa festa tradicional celta, celebra o comezo do inverno e abre unha porta entre o mundo dos vivos e o dos mortos. Esta festa levaba anos esquecida pero grazas ao traballo das escolas e dos Concellos, está a recuperarse.
O Samaín fai que a escola teña un tunel do medo, e que meigas, trasnos, esqueletes, lobishomes nos provoquen risos e sustos.  
Así de ben nolo pasamos na escola na FESTA DO SAMAÍN

Grazas a todos por traer as cabazas e vir tan ben caracterizados!


martes, 30 de outubro de 2018

UNS PERSONAXES ESTRANOS VISITAN A ESCOLA

 Non sabemos como se chaman, nin de onde veñen, pero... son vampiros!
Que cousas estarán a artellar?

NAVEGA CON RUMBO

Hoxe a rapazada de 5º e 6º de primaria gozou dun faladoiro ben interesante sobre a navegación pola internet.


Un enxeñeiro informático explicoulles o bo e o non tan bo da rede...
Deulles consellos para navegar con seguridade e aclarou dúbidas.
Deixou un enderezo moi útil para os pais e nais e os nenos e nenas. 
Animámosvos a visitalo!


venres, 26 de outubro de 2018

24 DE OUTONO: DÍA DA BIBLIOTECA

Hoxe 24 de Outono,  Picolindo visitou aos nenos e nenas da escola e encargouse de repartir as mochilas viaxeiras que irán a todas as casas. Ademáis fixo entrega dos carnés científicos e mailos pasaportes que nos permitirán vivir intensamente o mundo da ciencia.
 Aproveitou para mostrarlles aos nenos e nenas o contido das mochilas científicas con xogos, instrumentos, e diverso material de investigación. 




 O novo alumnado  recibiu a carpeta e o carné da biblioteca. Todos recibiron o seu carné científico.
A arca das novidades comezou a súa andadura. 
 

martes, 23 de outubro de 2018

CAMPAÑA IMPÓRTANOS

A contacontos Bea, xunto co seu acompañante contáronnos unha morea de historias divertidas. Todas elas animadas con música dunha guitarra, retahilas pequenas frases que os nenos/ as tiñan que repetir. Todo elo contribuíu a que se mantivese o interese e a atención ó longo dos diferentes relatos, facéndose a sesión moi amena e entretida. 


Os contos que nos contaron foron os seguintes: 

-O soldado trifaldón: un emisario da xustiza que se dedica a reclutar a todo aquel que vai pola rúa sen papeis. Tanto quere reclutar que ó final se queda so, chegando a conclusión de que é mellor soltalos e vivir todos xuntos e felices.
-Elmer: un elefante de cores que quería ser como o resto, ata que descobre que as diferencias son o que realmente o identifican como ser individual e irrepetible.

-A horta de Simón: o coello Simón plantou moitas cenorias pero alguén lle suxeriu que puxera leitugas, alguén tomates, alguén berenxenas...e a horta medrou, enchéndose non só de vexetais senón tamén duns labregos moi especiais: o rato, a galiña, o chibo, o porquiño, a raposa. O X Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados é un eloxio ao traballo colectivo, á convivencia en harmonía e en contacto coa natureza

-Os chivos chivóns: tres chivos vivían no alto dunha montaña; un era pequeno, outro mediano e o terceiro era un chivo chivón grande. Un bo día decidiron baixar e dirixirse ao outro lado do río para comer herba. Non obstante, para chegar, tiñan que cruzar unha ponte. O malo é que alí vivía un ogro terrible…

Tanto os nenos/as como as mestras quedamos sempre encantados/as con estas visitas e esperamos que veñan máis veces a nosa escola.

mércores, 17 de outubro de 2018

MICRORELATOS DE MEDO DE SAMAÍN

Achegámonos xa ao Samaín, a festa que despide ao verán e dá a chegada ao escuro e frío inverno. Por mor desta data, queremos animarvos a participar na seguinte proposta:
Resultado de imaxes para escritor monstruo
MICRORRELATOS DE MEDO
- Convócase a todas as familias a participar do concurso de "Microrrelatos de medo" de Samaín.
- Os relatos deberán ser elaborados en Lingua Galega
- A temática dos microrrelatos deberá ser de terror, medo ou misterio.
- Os relatos deben de ter unha duración máxima de 1 minuto.
- Os relatos poden ser realizados en vídeo ou nun audio, puidendo presentarse en formato de curtametraxe ou de audio-relato.
- Os relatos deberán enviarse ao número de Waths App da escola 658715569
- O prazo de presentación dos microrrelatos rematará o Luns 29 de outubro, este incluído.
- O día 31 de outubro, os autores dos microrrelatos gañadores recibirán un premio horripilante e monstruoso.

martes, 16 de outubro de 2018

sábado, 13 de outubro de 2018

A CENTRIFUGADORA DE COR

Comezan as primeiras experiencias e experimentos. Na aula de plástica a mestra trouxo unha máquina á que cando lle botamos pintura ...

Que cousas máis bonitas e sorprendentes nos saíron!