mércores, 29 de novembro de 2017

@S BOOKTUBERS DA NOSA BIBLIOTECA

Hoxe queremos darvos a coñecer unha nova sección da nosa bibiloteca, OS BOOKTUBERS. Sabemos que sodes moitos os que dedicades moito tempo a ler e seguro que nalgún momento, non sabedes cal escoller ou dubidades sobre un libro ou outro. Pensamos que ninguén mellor que vós para poder indicar a outros nenos e nenas cales son os libros mais populares e que vos fixeron pasar momentos máxicos.

Por iso, o primeiro luns de cada mes, podes achegarte a biblioteca da escola no recreo e recomendar algún libro que pensas que non podemos pasar de lelo.

Se te atreves a participar e converterte nun booktuber, tes que estar na porta da biblioteca os 5 primeiros minutos do recreo, logo pechamos as portas e ninguén pode pasar. É tempo para gravar en vídeo as vosas recomendacións.

Hoxe presentamos o primeiro vídeo do mes de novembro. 

O vindeiro luns 4 de decembro volveremos a xuntarnos para gravar mais recomendacións. Achégate a biblioteca e ven contarnos a túa lectura recomendada!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario