domingo, 18 de decembro de 2016

VISITAMOS UNHA SALA DE EXPOSICIÓNS

Visitar unha sala de exposicións, era unha visita imprescindible no ano no que Picolindo nos oferta PaseArte polo tempo.



Nesta visita aprendemos moitísimas cousas, as principais:

NORMAS DENTRO DA SALA

  • As obras de arte son únicas e valiosas.
  • As debemos respetar e conservar para as xeracións futuras,
  • Son fráxiles e non podemos tocalas, polo que non podemos achegarnos a elas. Debemos visualizar as obras deixando unha distancia prudencial.
  • As fotos con flash están prohibidas, pois prexudican ás obras.

  • Non se poden usar os móbiles na sala.
  • Non se pode comer no museo.
  • Non se debe entrar con mochilas, se deixan nun gardaroupa.
COMO ANALIZAR UN CADRO
  • Fixámonos no tipo de pincelada que utiliza o autor
  • Se o autor utiliza as cores ou non
  • Se é figurativa ou non figurativa
  • Se é concreta ou abstracta
  • ...
Os maiores o pasamos moi ben con Pintafontes, convertémonos en detectives e estivemos na pescuda de distintas obras de arte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario