sábado, 4 de outubro de 2014

COMEZADO OUTUBRO, PICOLINDO EMPRENDE A SÚA VIAXE.

Benqueridas familias, a mascota da nosa biblioteca quere comunicarvos que se atopa de viaxe.
Picolindo emprendeu unha viaxe en busca dunha marabilla.
Para poder facelo tivo que preparar a súa maleta maila súa documentación
Non lle chega con dispor do DNI, tamén tivo que facer o seu PASAPORTE.

O pasaporte é un documento, expedido na Comisaría da Policía Nacional, que acredita a nosa identidade noutro Estado, para poder viaxar a moitos países.

O PASAPORTE é un documento imprescindible. 
Agora, que xa está lonxe, agardamos novas, polo que se queremos viaxar con él tamén temos que preparar todos nós, o noso pasaporte. Divertirémonos moito facendoos. Temos moitas ganas de aprender coas viaxes de Picolindo, coñecer novos países,...


Imos personalizar os nosos pasaportes, sacámonos fotos en TIC, recortamos e traballamos cun programiña de edición de imaxes,  e cubrimos todos os nosos datos persoais (nome completo, data de nacemento, lugar de nacemento e país e número de pasaporte). En pouco tempo poderedes comprobar os nosos avances.
ONDE ESTÁS PICOLINDO?














    Ningún comentario:

    Publicar un comentario