mércores, 9 de abril de 2014

TERCEIRA XORNADA DE EXPERTOS. SEXTO DE PRIMARIA. O CAMIÑO DE SANTIAGO.

O Camiño de Santiago, é unha das máis antigas e principais vías de peregrinación da cristiandade. Desde O descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago innumerables peregrinos se puxeron en camiño cara a Compostela para venerar as súas reliquias.

Peregrinar é un rito común á inmensa maioría das relixións. Santiago é unha das tres grandes cidades de peregrinación do cristianismo, xunto a Xerusalén e Roma. Cando os cristiáns europeos ven amenazada a súa fe polo avance do Islam afírmanse nela peregrinando ao recén descuberto Sepulcro de Santiago Apóstolo, a partir do século IX. Así crearonse, paso a paso, rutas que conducían a Santiago de Compostela, dando lugar a unha forma de unidade entre os diferentes países e rexións europeos.

O Camiño de Santiago.
Tradicionalmente, o peregrino partía do seu fogar para chegar á "Casa de Santiago", á Catedral, e polo tanto sería difícil establecer todas as rutas de peregrinación.
 Existen distintas rutas para peregrinar a Santiago e sobre esto versou a conferencia dos rapaces de sexto curso, que amenizaron a todos explicándonos cantos camiños hai e como se poden facer.
 
  • O Camiño Francés
Ruta máis frecuentada hoxe en día e que entra na Península por Roncesvalles, pasando por Pamplona, Logroño, Burgos, León, Astorga, Ponferrada, entrando en Galicia por O Cebreiro.
  • O Camiño do Norte
Bordea a costa cantábrica, pasando por Irún, San Sebastián, Bilbao, Santander, Xixón, Avilés e entrando a Galicia desde Ribadeo.
  • O Camiño Primitivo
Parte de Oviedo e conduce ao peregrino hacia Santiago polo interior de Asturias, pasando por Lugo e uníndose no último tramo ao Camiño do Norte e ao Camiño Francés.
  • O Camiño Inglés
Así coñecido pola afluencia de peregrinos das illas británicas, que viaxaban por man desembarcando na Coruña ou Ferrol e desprazándose desde alí a pe.
  • O Camiño Portugués
Discorre por distintas rutas en Portugal (interior e costa) ata entrar en territorio galego por Tui.
  • A Vía da Plata
Procede de Sevilla, Mérida, Zamora e que entra en Galicia por Ourense.

BO TRABALLO, RAPACES!

Ningún comentario:

Publicar un comentario