martes, 25 de febreiro de 2014

EXPERTOS DE VIGO

O alumnado de 5º de Primaria da nosa escola traballou na Aula Abalar o tratamento da información e a busca en internet. Investigamos en profundidade para desenvolver unha conferencia para os nosos compañeir@s de aula. Con estas tarefas aprendimos a buscar información na web e utilizala para acadar respostas. Traballamos en equipo para desenvolver valores como o compañeirismo e a cooperación. Fixemos documentos de texto usando os ultraportátiles da aula e buscamos vídeos, imaxes ou curiosidades para expoñer na conferencia. Usamos as cámaras de vídeo e reflexionamos xuntos os resultado.
Todo o alumnado amosou responsabilidade e compromiso por unha educación por investigación.
Noraboa rapaces!! Parabéns para todo@s!!

2 comentarios:

  1. Moi bo traballo rapaces. Grazas María.

    ResponderEliminar
  2. Un traballo no que os rapaces experimentaron, desenvolveron o seu potencial creativo, aprenderon a comunicar ideas e a avaliaron todo o proceso. Un gran traballo en equipo.



    ResponderEliminar