xoves, 30 de maio de 2013

A ECOPATRULLA AXÚDANOS A COIDAR A AUGA EN GALICIA.

A FUNDACIÓN MAPFRE, AXÚDALLE AOS NENOS A COIDAR A AUGA.
AFORRAR AUGA E EVITAR A CONTAMINACIÓN ERAN OS CONTIDOS PRINCIPAIS.
UNHA ACTIVIDADE ESTUPENDA QUE FIXO GOZAR AO ALUMNADO DE 3º, 4º E 5º DE E.P.

luns, 27 de maio de 2013

VI Torneo de Balonmán na rúa

O domingo 26 a escola de balonmán do Rocío participou no VI Torneo de Balonmán na rúa organizado pola Federación Galega de Balonmán e a Deputación de Pontevedra.

Pasámolo moi ben, xogamos moitos partidos e levamos unha medalla cada un.

mércores, 22 de maio de 2013

LETRAS GALEGAS E MAIOS 2013.

O XOVES,16 DE MAIO,VÉSPERA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS ,TIVEMOS UNHA DOBRE CELEBRACIÓN TRADICIONAL GALEGA:OS MAIOS E O DÍA DAS NOSAS LETRAS ,DEDICADO ESTE ANO A 

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. 

 FACENDO O MAIO 

Flores, laranxas, ovos... e moita imaxinación. Estes son os  ingredientes do noso Maio, e de case tódolos Maios. Grazas á colaboración das familias conseguimos facer un maio que honra un dos costumes tradicionais da nosa terra.

  Malia a choiva, fixemos unha festa estupenda, unida ao BAILE DAS FITAS dos nenos e nenas de cuarto curso de Educación Primaria.

Despois sacamos o maio ao xardín, e fomos a completar un libriño elaborado polo Departamento de Normalización Lingüística sobre o máis interesante da vida deste ilustre personaxe. 

Para rematar a festa, cantamos o himno galego.





venres, 17 de maio de 2013

CORRELINGUA 2013.

TODO O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPOU NA ACTIVIDADE 
CORRELINGUA 2013.
DESPRAZÁMONOS EN AUTOBÚS ATA O CONCELLO PARA DENDE ALÍ, CO LEMA
"O GALEGO A CHAVE DO MUNDO"
PERCORRER AS DIFERENTES RÚAS DA NOSA CIDADE ATA CHEGAR AO PARQUE DE CASTRELOS ONDE NOS ESPERABA UNHA SABOROSA MAZÁ E UNHA ANIMACIÓN. CAMIÑAMOS POLA  NOSA LINGUA.

luns, 13 de maio de 2013

FINALISTA NO CONCURSO ¿QUÉ ES UN REY PARA TI?

JESÚS ANDRÉS OLIVEIRA,
 alumno do sexto curso de educación primaria é un dos finalistas do 32º CONCURSO ESCOLAR 
 ¿QUÉ ES UN REY PARA TI?
 PARABÉNS!!!


mércores, 8 de maio de 2013

ACHEGANSE OS MAIOS. DECORAMOS OVOS NA CASA.

Decorar ovos de Pascua non é unha tradición nosa pero grazas ao contacto con outras culturas, o que chamamos interculturalidade, podemos facer disto algo noso. É unha actividade moi divertida para facer cos nosos fillos e fillas. É moi sinxelo e os nosos cativos sintense moi orgullosos do seu traballo. Os ovos quedaron chulísimos e o maio vai a estar moi engalanado. Aquí tedes o traballo de moitos nenos e nenas da escola.

  GRAZAS!



luns, 6 de maio de 2013

A NOSA HORTA MEDRA.

Comezamos a observar os cambios na nosa horta. As froiteiras xa teñen follas, as ervellas xa saíron e os xirasoles tamén. A planta dos amorodos xa ten flor. Regamos e agardamos a  que o sol faga o seu traballo. As tomateiras comezan a medrar e a planta dos pementos  o mesmo. Hoxe tocoulle a quenda ás cabazas e ao millo. Os nenos de primeiro e segundo xa somos expertos labregos.

UN PARQUE BOTÁNICO PRETO DA ESCOLA.

O pasado venres día 3 os nenos e nenas do primeiro ciclo fixeron unha visita á Fundación Sales. A visita foi moi interesante. Aquí podedes ver o que fixemos.



 


 

xoves, 2 de maio de 2013

O ECO DO ROCÍO.


Con esta actividade os nenos e nenas traballaron o xornal, sobre todo,  dúas seccións moi relacionadas cos proxectos que se están a levar a cabo na escola: Bouzas e 12 meses 12 paisaxes. Neste traballo a colaboración das familias foi fundamental.
Grazas.

XOGAMOS A PLANTAR E SEMENTAR. APRENDEMOS A PLANTAR E SEMENTAR.

Continuando co noso proxecto medioambiental, seguimos a facer a horta da nosa escola. Papás, tal e como vos contabamos  esoutro día xa distribuímos o espazo, calculamos as dimensións dos bancais, angazamos,...

Tamén plantamos árbores froiteiras, bulbos, sementes e plantas. O lugar non o tivemos que buscar, xa  que o patio da escola nolo deixa pero si que o acondicionamos. Agora xa temos auga, o que nos permite utilizar as mangueiras para regar. De tódolos xeitos ata o de agora non nos fixera moita falla pois leva chovido tanto que non era preciso o rego da horta. Agora si, coa chegada do sol e as agradables temperaturas, xa temos que facer quendas de rego. 

Parece que o emprazamento non está mal, pois a partir de media mañá xa lle dá o sol e polas tardes tamén. Xa temos unha composteira para poder estercar a horta,... é o máis importante tódalas árbores froiteiras xa teñen gromos, follas e algunha, flores.  A profe dí que agora toca o máis importante da horta OBSERVAR. Dí que temos que observar as plantas, tentar que non lles falte auga, que non lles afecte ningunha enfermidade. A verdade é que ten razón, as plantas dos amorodos xa teñen flor, e as sementes de ervellas xa xerminaron e saíron unhas pequenas plantas das sementes de xirasol. 

Agora observade o noso traballo e xa vos iremos informando da evolución da nosa horta.

mércores, 1 de maio de 2013

EN ABRIL, LIBROS MIL.

Benqueridas famillias, o mes que hoxe remata, ABRIL, é o mes dos libros e como  noutros cursos, neste período do ano temos un maior número de actividades ao redor do LIBRO e o seu mundo. Entre outras cousas...

  • Concurso de creación e ilustración de LENDAS DE AMOR.

  • Visita da autora e ilustradora VIOLETA MONREAL.

     

  • Recitación e agasallo de poesías entre os membros da comunidade escolar.

  • 4º Concurso de deseño dun Autocolante no que o lema foi ." DÍA DO LIBRO 2013" encadrado en BOUZAS. 

    Actividade de madriñas e padriños lectores e lectoras. Os nenos maiores len un conto aos máis cativos da escola.

  • Visita do contacontos profesional IGNACIO VILARIÑO. 

     

  • Visita do autor de poesía, narrativa e xornalismo FRAN ALONSO, posuidor de diversos premios literarios coma a distinción do White Ravens de " A casa de luna", o Premio Neira Vilas ao mellor libro do ano "A araña e máis eu", o premio Rañolas de poesía ao seu libro "Cidades" e tantos outros...

     

     


  • Visita de ANXO FARIÑA , ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís, posuidor do Premio Merlín 2011 pola súa novela "A chave da Atlántida", autor, entre outras obras da afamada serie dos Megatoxos.

     

E como abril resultou moi curto deixamos adiadas para o mes de maio as seguintes actividades:

    • Visita da mascota que máis fans ten no colexio: PUPI. Animación a cargo de MANUEL SOLLA que tamén fará unha animación sobre o libro "De chico a chica".

    • Conferencias dos "Expertos na VILA DE BOUZAS nas que cada curso explica a súa maneira ao resto do colexio o aspecto de BOUZAS no que é especialista.