martes, 15 de maio de 2012

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN.O CLUB VITAMINAS.

Fai uns días, os nenos e nenas do primeiro ciclo de educación primaria, tivemos unha visita moi especial. Ángela, a representante de FRUTAS NIEVES, veu desinteresadamente a facernos un obradoiro de alimentación, que tiña como finalidade  fomentar hábitos de alimentación saudables. Este obradoiro non so o fan na nosa escola senón que o desenvolven en distintos colexios de Vigo e a súa contorna.Organizaron unha degustación de froitas variadas. Había plátanos, mandarinas, mazás, amorodos, piña, kiwis, melón , sandía,... Cada un de nos colleu un pauciño e fixo unha brocheta de froitas. A algúns soubéronos unha chea!!! De feito NON DEIXAMOS NADA!!! E como fomos moi bos catadores de froitas, para rematar agasalláronnos cun vale para visitar unha tenda próxima de FRUTAS NIEVES, e recoller un agasallo do Club vitaminas. Pasámolo moi ben.

.
 
 Angela Novoa Blanco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario