mércores, 27 de abril de 2011

Visita de Teresa González Costa

Os rapaces e rapazas do 3º ciclo leron neste trimestre o libro "A filla do ladrón de bicicletas" de Teresa Gonzalez Costa. Gustoulles moito! Por iso a escritora veu ao cole falar con eles

Recibírona na biblioteca cunha exposicion de "Celeríferas" e un traballo sobre os personaxes do libro,que lle gustou moito.

Falaron con ela sobre o libro, os personaxes e as súas historias. Os alumn@s de 6º fixéronlle unha entrevista.
Contoulles moitísimas cousas e pasárono moi ben.
Aquí tedes unhas fotos de mostra.








Ningún comentario:

Publicar un comentario