luns, 7 de marzo de 2011

EXERCICIOS PARA SEDENTARIOS

Exercicios para a columna cervical

A artrose afecta a gran cantidade de persoas que sofren dores nas súas articulacións, mesmo na columna cervical. Son frecuentes as dores a nivel da caluga e o pescozo, que se poden aliviar con estas rutinas que debe repetir polo menos 10 veces por día.

1- Sentado nunha cadeira. Arrime as costas á parede, leve a cabeza para atrás até tocar a parede. Repita o exercicio; leve a cabeza para atrás coa boca pechada e cara abaixo. Debe tocar o peito co mentón.

2- Tome asento e estenda os brazos aos costados. Alce ambos os ombreiros ao mesmo tempo unha e outra vez.

3- Mova a cabeza ata que o seu mentón alcance o peito.

4- Agora mova a cabeza cara atrás, todo o que poida.

5- O mentón debe tocar o ombreiro dereito e logo o esquerdo, virando suavemente.

6- Mova a cabeza cara  ambos os lados, inclinándoa cara ao ombreiro coma se fóra a tocalo coa orella, cara á esquerda e cara á dereita.

7- Agora mova a cabeza en círculo completo, dun lado e logo do outro. Non o faga rápido senón lentamente para que non se maree.

8- Parado cos brazos cruzados cos cóbados flexionados e un antebrazo sobre o outro manteña a posición por uns segundos e repita.

9- Xunte as palmas das mans e logo mande os seus cóbados cara atrás en dirección ás costas tratando de tocar os homoplatos.

10/11- Parado nunha esquina da habitación apoie as mans e estenda os brazos, inclínese cara adiante, coma se fixese flexións. Tente levar o máis preto posible a súa cara á parede. Volva á posición inicial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario