mércores, 2 de febreiro de 2011

A profe de Igualdade do Concello de Vigo visitounos como tódolos anos.

Como tódolos anos,a profe de igualdade fíxonos unha visita.Este ano en lugar de dúas profes, foi unha profe,MARA,que repite connosco.Mara explicounos cousas  como que hai diferentes familias,que todos temos que colaborar nas tarefas do fogar,que non existen xoguetes de nenos e de nenas ,que todos temos dereito a xogar coas cousas que queiramos,que as nenas poden xogar cos coches porque as mulleres conducen,que os rapaces poden facer ballet se lles gusta...porque non hai cousas de mulleres nin de homes por separado porque  no que somos diferentes é no sexo,en nada máis.

Mirade o que fixemos con Mara.A profe Maricruz fixo de Peky,fotografando todo o que fixemos.
Eu ,coma sempre,agochado para que ninguén me mirase ,pero moi ledo porque Mara estivo na nosa clase.
                               



                                      MOITAS GRAZAS, MARA.    
                                           
           OS NENOS/AS DE 4 ANOS,PERECHO ,PICOLINDO E MARICRUZ.

Ningún comentario:

Publicar un comentario