sábado, 29 de xaneiro de 2011

A PAZ 2011 NO COLE ROCÍO,O GRUPO TURQUESA.

-----------     NO COLE ROCÍO.


Á vez que na aula,a Paz trátase na escola a tódolos niveis,contos sobre a paz, traballos conxuntos entre niveis,traballos interciclos... como o que desenvolvimos hoxe,planeado dende hai semanas polos profes e coa axuda das familias que,coa súa colaboración na recollida de tetrabricks,fixeron posible esta bonita experiencia.
Con tódolos envases ,a profe Ángela fixo un muro,tipo puzzle.Cada cacho sería decorado por un grupo de rapaces mesturados de tódolos niveis,con dúas profes como dirixentes.

Fixéronse  oito grupos con nomes e cores  
diferentes:amor,paz,solidariedade...,
vermello,azul turquesa...A cada neno/a correspondíalle unha cor e unha palabra.No comedor escolar cada neno/a,coa súa braceira distintiva,achegábase ata a o seu grupo e as profes correspondentes.Cada grupo estaba predestinado a facer unha parte do puzzle que represntaba o cole Rocío.
Distribuíronse os materiais por grupos e as 13.45h deberían estar rematadas e formar a muralla.

Aquí tedes a presentación de como se fixo o traballo do grupo da profe Maricruz que eran os turquesas"  PAZ".




Despois ,achegámonos todos ao  patio novo,que foi inaugurado hoxe, pois por fin deixáronolo decente,e cantamos a canción de " A muralla"  collidos das mans.
Abaixo das fotos de todos, tedes  a canción que todos cantamos e tanto lle gusta aos rapaces.Dádelle á rodiña do voso rato e aprendede a canción cos vosos nenos/as na casa.

Noa e compaña.

Nico e compaña.

Nico,Silvia e compaña.

Sara e compaña.

Manu e compaña.

Lola e compaña.

Brian e compaña.

Ambra ,Adrián e compaña.

Miguel e compaña.

Profe Pili,Tristán e compaña.

Pecha a muralla!

Abre a murallla!
           CANCIÓN: "A MURALLA"





A QUE NON SABEDES ONDE ESTABAMOS PICOLINDO E MÁIS EU?
POIS ,ENRIBA DA PALMEIRA.E TIÑAMOS UNHA PANORÁMICA GUAY DE TODOS/AS.
NON VOS PELEXEDES E  PORTÁDEVOS BEN CON TODO O MUNDO.
                                      BICOS,PERECHO E PICOLINDO.

venres, 28 de xaneiro de 2011

No Día da Paz.....SORPRESA!!



Hoxe festexamos o DÍA DA PAZ compartindo entre todos a tarefa de construír un muro co debuxo do noso cole. Invitámosvos a miralo na entrada do noso edificio!!
Cando rematamos o traballo recibimos unha bonita sorpresa!!
Por fin, o noso PATIO NOVO está listo!!
Preme no vídeo e coñece o camiño para chegar o patio, comparte con nós o momento da inauguración e mira que muralla construímos todos os nenos, nenas e mestras da escola!!

O FEITIZO DA PAZ

Os nenos e nenas de 5 anos temos o segredo para encontrar A PAZ. Se seguides estas 10 fórmulas máxicas conseguiredes O FEITIZO DA PAZ. Vede o vídeo e animádevos a poñer PAZ nas vosas vidas!!

luns, 24 de xaneiro de 2011

APRENDEMOS O NOME DAS FERRAMENTAS CON MANI-MANITAS.

OS NENOS/AS DE 4 ANOS E EU,HOXE APRENDEMOS O NOME DALGUNHAS FERRAMENTAS, QUE UTILIZAN OS OBREIROS/AS,A TRAVÉS DO CONTO DE MANI-MANITAS, O ORDENADOR QUE TROUXO SILVIA E O BANCO DE CARPINTEIRO QUE TEN A PROFE MARICRUZ.
ADEMAIS DO NOME ,APRENDEMOS PARA QUE SERVEN E COMO SE UTILIZAN. DESPOIS PRACTICAMOS CON ELAS NO BANCO DE CARPINTEIRO, NO RECANTO NOVO QUE FIXEMOS.
SE QUEREDES SABER VÓS TAMÉN O NOME DAS FERRAMENTAS,AQUÍ TEDES O CONTO QUE TRANSFORMOU A PROFE EN PRESENTACIÓN .
DEIXADE QUE OS RAPACES VOS CONTEN O CONTO E VEREDES COMO APRENDERON.

                                             PERECHO



E SE QUEREDES MIRAR CAPÍTULOS DE MANI-MANITAS...PREMEDE NESTALIGAZÓN.
http://www.verdibujosanimados.com/manimanitas/1.html


venres, 21 de xaneiro de 2011

UNHA CLASE DE INGLÉS DIFERENTE.

O martes estivo na nosa escola JOSEP Mª ARTIGAL,profesor de inglés e creador dos materiais que usan os rapaces e rapazas de 4 anos na clase de inglés coa profe Olga:
               "Os contos de Peggy".
Josep visitounos dende Barcelona,
e fixo unha clase de inglés diferente só pra nós.Veu á nosa clase dun xeito desinteresado e facendo algo diferente.

Aquí tedes a presentación de fotos desta clase  tan especial.
                      GOZADE DO CALEIDOSCOPIO .

         

      GRAZAS, PROFE JOSEP.

VISITA O MUSEO THYSSEN, É MOI INTERESANTE.

PREME NA IMAXE.
MUSEO  DE ARTE THYSSEN-BORNEMISZA.

martes, 18 de xaneiro de 2011

A CEMENTACIÓN VAI A FUME DE CAROZO.

A perforadora está a embutir os pivotes para facer os alicerces. Fixádevos que máquina máis interesante!.

luns, 17 de xaneiro de 2011

NAVEGAR POLA INTERNET CON SEGURIDADE


O pasado mércores 12 de xaneiro visitounos a Policia Nacional para informar os nenos e nenas do 3º ciclo de primaria dos riscos de internet. Todos os nen@s amosaron moitísimo interese coa conversa do inspector Luaces que relatou paso a paso cales son os perigos que poden encontrar na web e que precaucións deben tomar para evitar problemas. Entre outros temas falouse da pornografía infantil, a piratería, os chats...

Invítovos a que vexades o vídeo onde se resume o máis importante.

venres, 14 de xaneiro de 2011

AS NOVAS DE "A VOZ DE GALICIA".A CRÚA REALIDADE.

CASTIGADOS/AS...POLA ADMINISTRACIÓN.
PICADE NA FOTO E LEDE ATENTAMENTE.
NON SE PODE DESCRIBIR MELLOR A SITUACIÓN.
E POR SE QUEREDES LER O DIARIO DIXITAL,AQUÍ TEDES O ENLACE...

PACIENCIA,PACIENCIA,MOITA PACIENCIA.

mércores, 12 de xaneiro de 2011

NO ROCÍO IMOS PREPARAR UNHA FERMOSA ACTIVIDADE PARA O DÍA DA PAZ.

Con motivo da celebración do día da PAZ, na nosa escola estamos a preparar unha actividade especial para o venres día 28, polo que solicitamos a todas as familias a súa colaboración. Para que todo saía ben precisamos TETRABRIKS de 1l de leite ou zume debidamente lavados. Por favor, recopilade moitos e traédeos axiña á escola.

martes, 11 de xaneiro de 2011

QUE SORPRESA,O profe JORGE!

     
Hoxe veu visitarnos o profe Jorge.O profe Jorge é o profe de ximnasia do noso cole.Temos moita sorte porque temos dous profes:Jorge e Fran , que estará connosco ata que o profe Jorge se poña mellor,que seguro será pronto.Para nós foi unha gran sorpresa que viñera ata nosa clase e foi unha ledicia para todos darlle unha aperta moi forte porque...sabedes cal é unha das cousas que non sabe todo o mundo dos nenos/as de 4 anos?
Pois que nós queremos mogollón ,mogollón ó profe Jorge.
                Todos os nenos/as desta escola quérenlle moito.
                          VOLTA PRONTO,PROFE JORGE!

RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ

Grazas a biblioteca do CEIP. Mestres Goldar
Elaborada polo Ceip San Walabonso

sábado, 8 de xaneiro de 2011

Ola, familias:
Xa empezamos un novo ano e a partires del debemos concienciarnos do importante dunha boa educación nutricional.
Por todo isto adxúntovos unha páxina web que nos pode axudar a preparar un menú saudable aos nosos fillos.
Votádelle un vistazo que é moi interesante.
FELIZ ANO




domingo, 2 de xaneiro de 2011

LOGO NOS VEMOS

Ola, nen@s:
Como van as vacacións?
Xa queda pouco para volver vernos... aínda que o que queda é o máis interesante.
Supoño que xa enviastes a carta aos Reis Magos... eu si.
Gustaríame moito ir ver a Cabalgata, pero non podo. Espero que vaiades e logo mo contedes. Se queredes traer algunha foto á volta, estarei encantado de vela.
Gozade do día de Reis cos vosos novos xoguetes. Xa queda pouco...
Vémonos logo. Traede moitas ganas de aprender cousas novas e moito ánimo para traballar.

Unha aperta con arrecendo a roscón de Reis.

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2010.

Estimadas familias, este curso terá, de novo, lugar a AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO aos alumnos e alumnas do cuarto curso de educación primaria. No D.O.G do martes 14 de decembro de 2010, saiu publicada  a Resolución do 3 de decembro de 2010, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da mesma.
 Nesta resolución indícase que a avaliación de diagnóstico correspondente ao curso 2010-2011 terá lugar os días 19 e 20 do mes de maio.
As competencias básicas que se avaliarán serán a competencia en comunicación lingüística, a competencia matemática e a competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.
Realizará a proba de avaliación de diagnóstico todo o alumnado que durante o curso 2010-2011 estea escolarizado en 4º curso.